Thursday 02 de May de 2024

A Biblioteca acollerá este venres a presentación libro “El tren de la poesía”, de Maite Gascón


A sala de usos múltiples da Biblioteca municipal acollerá este venres, día 9, ás 18.30 horas, o acto de presentación do libro “El tren de la poesía”, a primeira obra de Maite Gascón. A edil en funcións de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a obra está inspirada nos autores e autoras da Xeración do 27.

A firma “Diversidad literaria” edita este libro, especialmente orientado, tal e como indicou a autora, a espertar o gusto pola poesía entre os menores de entre 6 e 8 anos. A autora ten pendentes de edición outros tres libros de poesía infantil e dous poemarios para persoas adultas.
Taibo animou á veciñanza a acudir á convocatoria, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.